TAREA Lunes 27 abril

Bos días!  Comezamos a semana con forza! 


Viaxe a Roma e a Exipto

Recordamos, a Historia divídese en diferentes etapas que son: Prehistoria,  Idade Antiga, Idade Media, Idade Moderna e Idade Contemporánea. 

PREHISTORIA
IDADE
ANTIGA
IDADE
MEDIA
IDADE
MODERNA
IDADE CONTEMPORÁNEA



Os romanos e os exipcios a que idade pertencen?
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
A Idade Antiga


GALEGO

Hoxe ides traballar a descrición de persoas. 
Octavia é unha nena romana. Tedes que dibuxar a Octavia seguindo a información do texto. 
Colgaremos os debuxos no blog.

Ola! Chámome Octavia e teño 6 anos. 
A miña cara é redonda como a lúa
e teño uns ollos verdes grandes; un en forma de castaña
e outro redondo como un botón.
O nariz longo e fino como unha cenoria.
As orellas pequenas como as dun rato.
O pelo rizo como un estropallo, pero os domingos a miña nai pásame o ferro e lévoo liso como unha cortina.
Cando río, como agora, vese que me faltan tres dentes.
Teño o pescozo longo como un cisne.
Levo unha túnica de raias
e un colgante agasallo do meu tío. 
Un cubo na man esquerda
e unha pulseira na dereita.
Gústame moito os animais. 


         

Campus Academy - LA SCUOLA PUBBLICA (ludus) è nata durante ...

Os nenos romanos iban á escola. Alí aprendían o latín que era a súa lingua. 
Do latín naceron outras linguas como o galego e o castelán. 

Mirade na imaxe de abaixo como escribían os romanos en latín. 
Seguro que recoñecedes algunhas letras porque continúan  escribíndose igual. 






Octavia (a nena que debuxástedes antes) tamén vai á escola. Na escola a profesora está a ensinar que son as sílabas.



Exercicio:

Divide estas palabras en sílabas e di se son monosílabras, bisílabas, trisílabas ou polisílabas.


Exipto, Nilo, Sol, Roma, pirámide, Tutankamón,  túnica, sarcófago, xeroglífico.


MATEMÁTICAS

A Octavia na escola tamén lle están a ensinar matemáticas. Vós hoxe vades facer series matemáticas e unhas restas.(Fixádevos moi ben nas restas que igual hai trampa...😵😵)

Calcula do 0 ata o 100 contando de 3 en 3.

Calcula do 0 ata o 100 contando de 5 en 5.

Calcula do 0 ata o 100 contando de 6 en 6.

Calcula do 0 ata o 100 contando de 8 en 8. 


3.482 - 4.542

7.000 - 6.738

9.373 - 9.377

48.983 - 48.999


-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Os romanos escribían en latín e os exipcios escribían con xerogíficos. 

Aquí deixovos os xeroglíficos de Bea e Pablo, a ver se sodes capaces de averiguar que puxeron:




Xeroglífico de Pablo:



TAREA viernes 24 abril

Bos días! Hoxe traiovos un conto que se titula "Orellas de bolboreta" .

É un conto que nos ensina que cada un é diferente e iso non é malo. Mara ten as orellas grandes e non pasa nada. Non é un problema. 
Non é un problema ter as orellas grandes, o nariz longo, ser máis alto ou máis baixo, ser máis fraco o máis gordo. CADA UN É COMO É.

GALEGO

Tarefa de repaso:encontrar no conto de Orellas de bolboreta o seguinte:

- 2 verbos e dicir a que conxugación pertencen( 1º -ar , 2º -er  ou 3º -ir)

- 2 nomes propios .
- 2 nomes comúns.
- 2 adxectivos. 




SOCIAIS

Hoxe toca ir a Exipto.  

Nós vivimos na Idade Contemporánea e imos viaxar hacía atrás no historia ata a Idade Antiga. 

Recordamos, a historia divídese en distintas idades:

PREHISTORIA
IDADE
ANTIGA
IDADE
MEDIA
IDADE
MODERNA
IDADE CONTEMPORÁNEA







A escritura dos exipcios non era como a nosa con letras, senón que escribían mediante xeroglíficos. Os xeroglificos son símbolos como por exemplo estos:



A ver se sodes capaces de descifrar este xeroglífico:

RETO EXIPCIO: facede os vosos xeroglíficos para que os vosos compañeiros adiviñen cal é o mensaxe. 😄😄😄😄


MATES

Escribe como se leen estas fracciones. 


1             2             1           4             5
4             3             2           7           10 

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Y aquí tenemos a Tere y sus gafas recicladas que hizo para leer sus libros favoritos en el Día del Libro. ¡Mirad que chulas!😄😄

TAREA jueves 23 abril

HOXE É O DÍA DO LIBRO!! 

Un rincón para mis niñ@s de Lengua y Literatura. ;): 23 ABRIL: DÍA ...Xa cheguo! Xa está aquí! 
Tedes os vosos libros favoritos preparados?


Eu xa teño o meu libro e para ler fixen estas gafas con material de refugallo. Que vós parecen? 
Podedes facer vós unhas, seguro que estades moi guapos.


VIAXE A IDADE ANTIGA!


Hoxe imos a comezar a nosa viaxe no tempo para coñecer aos romanos e aos exipcios. 

A historia nenos é moi loooooonga, ten moitísimos anos, por iso divídese en distintas etapas que se chaman as  idades da historia

Hoxe imos viaxar a Idade Antiga (con maiúscula). 

PREHISTORIA
IDADE
ANTIGA
IDADE
MEDIA
IDADE
MODERNA
IDADE CONTEMPORÁNEA


Os romanos e os exipcios  existiron fai máis 2.000 anos. Iso é o mesmo que 2 milenios.

(Aínda que os exipcios son moito más antigos, aproximadamente 6.000 anos de antigüidade. Iso é 6 milenios. Verdade?)


Na Idade Antiga existian á vez romanos e exipcios, de feito a reina Cleopatra e o emperador Julio César coñecéronse. 😍 . (Tamén existían á vez os gregos)  

SOCIAIS

Suxerencia: ler a páxina 89 e 93.

Deixovos uns vídeos sobre os exipcios e romanos. Prestade moita atención porque aquí comeza o noso viaxe a Idade Antiga. 





MATEMÁTICAS

Deseño de gráficas. Na nosa viaxe a Idade Antiga tivemos que coller distintos medios de transporte. Con estes datos ides diseñar a vosa gráfica de viaxe. Adiante!
  • 5 avións
  • 2 taxis
  • 7  cabalos
  • 10 lanchas motoras para navegar polo río Nilo.


Repaso de contas:

2.349+2.342+4.334

5.432-5.432

5.621-7.343 ( Fíxate ben)😵

368X54

5469X89

45: 5

346:8