A MATERIA E A ENERXÍA
Neste tema estivemos vendo que a MATERIA é TODO ( mesas, pedras, auga, nós os seres humanos, etc), e que toda materia ten dúas propiedades: masa e volume. Vós acordades?
Ademais a materia podía estar en tres estados. Cales eran? Resposta: sólido, líquido e gaseoso.
Déixovos uns vídeos:
Tamen estivemos vendo as mesturas homoxéneas e as heteroxéneas:
- Mesturas homoxéneas: non se distinguen as súas substancias.
- Mesturas heteróxéneas: si se distinguen as súas substancias.
Como fixemos na clase:
E tamén vimos a orixe dos materiais:
- Materiais naturais: proceden directamenta da natureza.
- Materiais artificiais: son os fabricado polo ser humano
Para que utilizamos os materiais ( a materia)?
Pois para todo nenos.
Mirade ao voso redor, todo é materia.
A cadeira de metal serve para sentarse, o algodón serve para facer roupa, a madeira serve para face postes da luz ou mobles, as tellas están feitas de arxila, as fiestras están feitas de vidro.
MOI, MOI, MOI IMPORTANTE!
Utilizamos a materia para facer cousas, non? Pero temos que ser moi responsables e coidar o medio ambiente. Vós acordades do póster do tempo en que tardaba cada obxecto en degradarse?
Para que isto non ocorra imos facer a REGRA DOS TRES ERRES:
REDUCIR, REUTILIZAR E RECICLAR.

