TAREA: viernes 27 marzo

GALEGO


Os pronomes persoais en galego son eu, ti el/ela, nós, vós eles/elas. 

Hoxe imos poñer os pronomes persoais diante dos verbos:
Por exemplo: se eu digo "xogamos" , cal sería o pronome persoal de xogamos? Sería NÓS xogamos. Por tanto estamos falando da 2º persoa do plural. 


Facer os seguintes exercicios:
PÁX 120 exercicio 8 e 10. 


Por outra banda, quérovos contar que en Galicia temos un viñetista galego moi famoso que é Luis Davila. As súas tiras cómicas saen nos xornais que seguro que xa víchedes moitas veces. 
Hoxe ides ser vós os que lle poñades texto aos cómics de Davila empregando os pronomes persoais. Podedes facer unha ou as dúas opcións!!







SOCIAIS

Hoxe imos continuar cos diferentes sectores. 


- SECTOR PRIMARIO: Persoas que traballan directamente coa natureza ( agricultores, gandeiros, pescadores e mineiros)
- SECTOR SECUNDARIO: Persoas que fabrican produtos ( artesáns ou nas fábricas)
- SECTOR TERCIARIO / SERVIZOS: Persoas que traballan para á comunidade (dependentes das tendas, conductores de autobuses, repartidores, médicos, policias, bombeiros, mestres, etc.)


Agora que temos que quedar na casa por culpa do Coronavirus, moitas das persoas dos sectores primario, secundario e terciario teñen que seguir traballando (saíndo da casa) para que os demáis poidamos seguir tendo os supermercados abertos, as fábricas producindo comida, os camioneiros/as que traen os camións cheos de comida para repoñer os supermercados, a policia que ten que estar nas rúas para que a xente non ande sen permiso, os médicos/as e enfermeiros/as que están nos hospitais coidando das persoas para que se recuperen...

Toda esta xente segue traballando para nós!

Por iso, cada un vai facer un debuxo cunha persoa de cada sector para facerlles un homenaxe. A forma de facelo e completamente libre: papel, cartolina, mosaico, tea, pinturas, fío...

Todos os vosos traballos os colgaremos no blog para trasladar todo o noso apoio e ánimo para todas esas persoas.  

PRONOME PERSOAL: para todos ELES





RETO:
De que sector pensades que é Luis Davila?



TRABALLOS DOS SECTORES:


BEA



CRISTINA




PABLO


ANTÓN 

"Eu fixen cos legos unha especie de maqueta. Representa os traballos dos sectores que son necesarios para vivir. E como sabedes eles ainda que estea o coronavirus eles seguen traballando. Do sector primario a pesca, en secundario as conservas e en terciario os policias e as tendas de comida"
 NACHO





 CARLA




JOEL

TERESA

5 comentarios:

  1. Hola, soy teresa , mi respuesta al reto es: Luis Davila pertenece al sector terciario. firmado teresa.
    os quiero muchísimo besos para toda la clase de tercero de primaria.

    ResponderEliminar
  2. Luis Davila é do sector terciario.

    ResponderEliminar
  3. Muchos besos para todos os quiero mucho, no, lo siguiente muchisimo.Un abrazo enorme chao.

    ResponderEliminar
  4. Hola son Joel eu tamen penso que e do sector terciario un beso y un abrazo lo para todos muy grande os quiero mucho a todos. 💞

    ResponderEliminar
  5. Correcto! Luis Davila é do sector terciario! MOI BEN!

    ResponderEliminar