TEMA4. CIENCIAS SOCIAIS

Neste tema estivemos vendo como convivimos as persoas. 
Para convivir están as normas de convivencia. Vós acordades? As normas de convivencia significa que temos dereitos e obrigacións.


NORMAS DE CONVIVENCIA

             - DEREITOS: ter un fogar, ter unha familia que te queira, ir ao colexio...
                 -  OBRIGACIÓNS: axudar nas tarefas de casa, facer caso aos vosos país, chegar puntual ao colexio, facer as tarefas...


Un vídeo sobre os dereitos dos nenos:


Tamén vimos  os tipos de barrio. Podíamos vivir no centro ou nas aforas. 

Se vivimos no centro estamos na zona antiga (onde adoita estar o concello) e os barrios céntricos que están arredor.
Se vivimos nas aforas, estamos afastados, e isto son barrios residenciais, as industria e os barrios rurais. 
(Ver páxina 68 e 69)






E para facilitar esa convivencia entre todos os veciños, está o concello que é quen goberna. No concello está o alcalde ou alcaldesa e os seus concelleiros. Nos xa fixemos as eleccións e xa temos alcaldesa e concelleiros ! 
Lembrade tamén que cos nosos impostos páganse os servizos municipais dos concellos.


Toda a xente adulta dos barrios ten que traballar e estos traballos poden ser: sector primario, sector secundario ou sector terciario (no libro chámalle sector servizos páx. 74)







Dentro do sector secundario temos que diferenciar entre o traballo artesán e o traballo nas fábricas:
- artesán: faise coas mans.
-fábricas: faise coas máquinas. 

Mirade estes dous vídeos sobre como se fan vasos artesanais e vasos nas fábricas. 














No hay comentarios:

Publicar un comentario