TAREA jueves 7 mayo- LETRAS GALLEGAS

LETRAS GALEGAS


Este ano o día das Letras Galegas (17 de maio do 2020) está dedicado a Ricardo Carballo Calero. 

Este autor escribiu  o seguinte conto:



" AS PITAS BAIXO A CHOIVA"


1.-Non. Digades o que queirades,os galos non son agora tan fermosos como nos tempos da miña nenez. 

2.-Os galos que hoxe vexo, son brancos, grises; as cristas, pequeneiras e moradas; as colas, como de galiña, curtas, raquíticas. 

3.-Cando eu era cativo,outros galos nos cantaban. 

4.-Eran unhas aves esgueitas, lanzais, maxestosas. 

5.-Cristas vermellas que pandeaban co pesadume,feros peteiros,ollos acesos,colo tornasolado de lene e branda plumaxe, podentes ás, esporas douradas; 

6.-E a cola un chafarís de lumes e de sombras,

7.-Con aquelas longas penas, curvadas como cataxos, 

8.-Como báculos  de pegureiros, de bispos orientais. 

9.-Algo de militar, de real, de pontifical había naqueles galos. 

10.-Capitáns de Flandes, príncipes idumeo ,arquimandritas siríacos: 

11.-Feitos todos de lóstregos, de veludos, de arquivoltas, de arcos da vella, de solpores, de roibéns.

12.-Así era o galo máis antigo que lembro. 

13.-Se vivise agora, tería trinta e cinco anos de idade, se cadra.

14.-Reinaba no curro daquela casa onde pasabamos o verán. 

15.-Meu paia viña os sábados. Era novo ,e bicábanos con ledicia. 

16.-Merendabamos torradas de pan con manteiga e azucre. 

17.-Tiñamos unha cabuxa tan garimosa e tenra, que saía connosco e ía detrás de nós, 

18.-Como un cadeliño, polas corredoiras,cando andabamos a cazar grilos. 

19.-Moito lles quería eu os animais. 

20.- No curro pasaba unha gran parte do meu tempo ollando para as galiñas. 

21.-Víaas escaravellar na terra,en procura de vermes e miñocas. 

-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

A cada un de vós tócalle unha frase. De esa frase tedes que facer: 


- Un debuxo da frase, sentido apaisado.
- Gravarse co debuxo dicindo a frase de memoria.  

13: Joel
14: Ainara
15: Iris
16: Teresa 
17: Carla
18: Cristina
19: David
20: Pablo
21: Nacho

Bea e Antón ides facer outra cousa. Ides traballar cos nenos de 5º e 6º nunha entrevista sobre o autor Ricardo Carballo Calero.

Gravade un vídeo ou audio das preguntas. 

Por favor, gravade cada pregunta por separado, (en vídeos distintos) dicindo primeiro o número da pregunta, por exemplo: pregunta 3. Onde nace Carballo Calero? 

BEA


3.- Onde nace Carballo Calero ?

4.- Que estuda?

6.- Como se chama o seu primeiro libro de poemas ?


7.- Participa na creación de que partido?

ANTÓN


9.- Por que foi ó cárcere?

10.- Onde traballou o saír do cárcere?

11.- Que publicou en 1951?


14.- En que instituto traballa en Santiago?


NOTA PARA TODOS: Pódese enviar ata o venres (incluído).  Enviademo o meu Whatsapp e eu xa o envío a biblioteca. 😃

---------------------------------------------------------------------------------



GALEGO


Contesta as seguintes preguntas sobre o conto anterior:


1)  De que animal fala o conto?

 2) Quen é o seu autor?

 3) No conto fálase de outros animais? Cales?




NATURAIS

Como xa sabemos que a ENERXÍA está en todas partes e que hai de diferentes tipos: 


 eléctrica, lumínica, química, calórica, cinética e sonora. 





Hoxe ides convertiros en inventores e ides inventar un aparello que teña os tipos de enerxía que queirades.  Pode ser calquer cousa, o que vós queirades! Poñede en marcha esa imaxinación!


APARELLO INVENTADO:

- Que tipos de enerxía ten
- Para que se utiliza 
- Debuxo do invento 
- opcional: gravarse explicando o seu invento

MATEMÁTICAS


1) Como se leen las siguientes fracciones:


3/12        4/10        5/11           7/14           1/2

2) Decirle de memoria a alguien de tu familia la tabla del 7, 8 y 9.



6 comentarios: