LETRAS GALEGAS
Este ano o día das Letras Galegas (17 de maio do 2020) está dedicado a Ricardo Carballo Calero.
Este autor escribiu o seguinte conto:
" AS PITAS BAIXO A CHOIVA"
1.-Non. Digades o que queirades,os galos non son agora tan fermosos como nos tempos da miña nenez.
2.-Os galos que hoxe vexo, son brancos, grises; as cristas, pequeneiras e moradas; as colas, como de galiña, curtas, raquíticas.
3.-Cando eu era cativo,outros galos nos cantaban.
4.-Eran unhas aves esgueitas, lanzais, maxestosas.
5.-Cristas vermellas que pandeaban co pesadume,feros peteiros,ollos acesos,colo tornasolado de lene e branda plumaxe, podentes ás, esporas douradas;
6.-E a cola un chafarís de lumes e de sombras,
7.-Con aquelas longas penas, curvadas como cataxos,
8.-Como báculos de pegureiros, de bispos orientais.
9.-Algo de militar, de real, de pontifical había naqueles galos.
10.-Capitáns de Flandes, príncipes idumeo ,arquimandritas siríacos:
11.-Feitos todos de lóstregos, de veludos, de arquivoltas, de arcos da vella, de solpores, de roibéns.
12.-Así era o galo máis antigo que lembro.
13.-Se vivise agora, tería trinta e cinco anos de idade, se cadra.
14.-Reinaba no curro daquela casa onde pasabamos o verán.
15.-Meu paia viña os sábados. Era novo ,e bicábanos con ledicia.
16.-Merendabamos torradas de pan con manteiga e azucre.
17.-Tiñamos unha cabuxa tan garimosa e tenra, que saía connosco e ía detrás de nós,
18.-Como un cadeliño, polas corredoiras,cando andabamos a cazar grilos.
19.-Moito lles quería eu os animais.
20.- No curro pasaba unha gran parte do meu tempo ollando para as galiñas.
21.-Víaas escaravellar na terra,en procura de vermes e miñocas.
-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
A cada un de vós tócalle unha frase. De esa frase tedes que facer:
- Un debuxo da frase, sentido apaisado.
- Gravarse co debuxo dicindo a frase de memoria.
13: Joel
14: Ainara
15: Iris
16: Teresa
17: Carla
18: Cristina
19: David
20: Pablo
21: Nacho
Bea e Antón ides facer outra cousa. Ides traballar cos nenos de 5º e 6º nunha entrevista sobre o autor Ricardo Carballo Calero.
Gravade un vídeo ou audio das preguntas.
Por favor, gravade cada pregunta por separado, (en vídeos distintos) dicindo primeiro o número da pregunta, por exemplo: pregunta 3. Onde nace Carballo Calero?
BEA
3.- Onde nace Carballo Calero ?
4.- Que estuda?
6.- Como se chama o seu primeiro libro de poemas
?
7.- Participa na creación de que partido?
ANTÓN
9.- Por que foi ó cárcere?
10.- Onde traballou o saír do cárcere?
11.- Que publicou en 1951?
14.- En que instituto traballa en Santiago?
NOTA PARA TODOS: Pódese enviar ata o venres (incluído). Enviademo o meu Whatsapp e eu xa o envío a biblioteca. 😃
---------------------------------------------------------------------------------
GALEGO
Contesta as seguintes preguntas sobre o conto anterior:
1) De que animal fala o conto?
2) Quen é o seu autor?
3) No conto fálase de outros animais? Cales?
NATURAIS
Como xa sabemos que a ENERXÍA está en todas partes e que hai de diferentes tipos:
Hoxe ides convertiros en inventores e ides inventar un aparello que teña os tipos de enerxía que queirades. Pode ser calquer cousa, o que vós queirades! Poñede en marcha esa imaxinación!
APARELLO INVENTADO:
- Que tipos de enerxía ten
- Para que se utiliza
- Debuxo do invento
- opcional: gravarse explicando o seu invento
MATEMÁTICAS
1) Como se leen las siguientes fracciones:
3/12 4/10 5/11 7/14 1/2
2) Decirle de memoria a alguien de tu familia la tabla del 7, 8 y 9.

los que jugamos a fornite habes tenido que actualzando
ResponderEliminarjaja
ResponderEliminarjajajjajaja David que gracioso como siempre jajajaja chao
ResponderEliminarjajaja
ResponderEliminarel fornite es el mejor
ResponderEliminarCLARO
ResponderEliminar